miércoles, 24 de mayo de 2017

O XIRASOL

Estamos recollendo información sobre o xirasol e xa podemos contarvos algo.



domingo, 14 de mayo de 2017

3º PARTE DA HORTA

Acabamos de decatarnos de que o refrán co que estivemos traballando, "Con abono e rega non hai mala terra", ten moito de verdade. A sabedoría popular chegou até nós cos refráns.


miércoles, 26 de abril de 2017

TRANSPLANTE E COIDADOS

Despois de informarnos ben do que tiñamos que facer, aquí vos contamos o que fixemos para preparar a nosa horta coas plantas que sementamos.

                 


martes, 25 de abril de 2017

CONDICIÓNS DE AGRICULTURA ECOLÓXICA

A agricultura ecolóxica é unha forma de traballar a horta sen facer dano á natureza.
Unha condición sería ter unhas xoaniñas para que defendan a horta dos pulgóns en vez de utilizar produtos químicos. Para que veñan as xoaniñas e outros insectos  hai que ter flores de moitas cores e plantas aromáticas. Algúns insectos como as abellas e as bolboretas polinizan as flores.
Non podemos mover o solo demasiado porque se non destruimos o lugar dos seres vivos.
Hai que rotar as plantas (poñelas cada vez nun sitio distinto ) porque así cada planta absorbe minerais distintos.
Hai que ter unhas plantas diferentes( de cada tipo) para que non haxa pragas.
E hai que utilizar compost como fertilizante.


OS COLORES, Amy, Alba e Jorge

É A HORTA UN ECOSISTEMA?

A horta é un ecosistema porque hai animais e plantas que se relacionan entre  eles e co medio fisico.O medio fisico da horta é o solo, é a luz , a auga , a temperatura e o aire.

 Nunha horta pode haber seres vivos como: pulgóns,formigas,xoaniñas,flores (como rosas,tulipáns e petunias), e sobre todo hai hortalizas.

Algunhas relaciòns entre os seres vivos da horta e o medio fisico son:
A planta co solo: A planta necesita os nutrientes do solo.
A formiga co pulgón: A formiga defende o pulgón e axudalle a subir as plantas de xudías, e o pulgón a cambio dalle un líquido que fai el. 
A miñoca e a terra: A miñoca vive no solo.

Las tres rosas: Miriam, Yésica, Lucía

lunes, 24 de abril de 2017

AS ''MALAS'' HERBAS

Unha mala herba superficial non vai roubarlle os nutrientes dunha raíz profunda.
Tampouco pode competir cunha pataca xa feita, por exemplo.
Unha mala herba impide perder o solo por unha erosión, pola auga da chuvia, e a calor.
Unha mala herba come o nitróxeno, e grazas a ela o nitróxeno non contamina o subsolo.


A nosa idea é que algunhas malas herbas arrincarémolas  e outras as deixaremos por que son beneficiosas, arrincamos as que esten ocupando o sitio das plantas e estorbando, e deixamos as que non estorben.

 Infalibles 2107: Rocío, Xián, Santi

sábado, 22 de abril de 2017

2º PARTE DA HORTA

Seguimos preocupados polos caracois e o papá de David e a súa prima deunos o seguinte consello. 
Bruno está preocupado polo crecemento das plantas e a relación coas lúas e foi a súa avoa a que nos axudou.