jueves, 24 de noviembre de 2016

O compost

Nós  estamos facendo o compost para botar na nosa horta para que as plantas crezan grandes e fortes. 
Informámonos e fixemos unhas ínstrucións  para a compostaxe.




 Facémolo recollendo a materia orgánica para botala no composteiro e que se faga humus.
Botamos follas, fungos,froita,etc non botamos lixo, non se pode botar plásticos nen cristais. Tamén botamos restos de froitas que comemos no recreo.
 Revolvemos un pouco.


No recreo collemos as ferramentas e vamos polo patio e collemos  follas, mazás pochas da maceira,fungos e fasco. Tamén anotamos na libreta o que facemos e o que observamos.

Un día miramos a temperatura e medía 45ºC.
Unha vez miramos vermes e tamén que tiña algo de humus xa.
 A veces hai mosquitos cando o compost esta húmido, e botamoslle fasco ou cousas secas.


Os de sexto recolleron para o composteiro a cinza de facer o magosto.

                                                                                                                                                  Aula de 4º

No hay comentarios.:

Publicar un comentario