miércoles, 29 de marzo de 2017

UN ESPANTALLO PARA A HORTA

Fixemos un espantallo para que os paxaros non nos coman as plantas da Horta, por exemplo as leitùgas e moitas mais plantas da horta.
Imoslle poñer DVD rotos e algunhas latas con pedras dentro para que faga ruido e poñeremolo na horta.
O espantallo faremolo con duas canelas  formando rectas perpendiculares  con cuatro angulos rectos.
Isto aprendemolo en Mates.
O espantallo mide de alto 2m. E de ancho 1´20m.





video
Fila 2, Columna 1

Iker Otero,Martin e Raùl.

INIMIGOS DA HORTA: OS PAXAROS

 ¿Como protexer a horta dos paxarós?
- Ter gatos. Temos que evitar que fagan as súas necesidades na horta.
- Estar na horta para que vexan que hai xente e non se acerquen.
- Facer un espantallo.
- Poñer uns comedeiros con comida para os paxaros lonxe da horta.
Nós fixemos un espantallo para axudar ás nosas plantas.

Borja, Cristina, Fins, Lucía

lunes, 27 de marzo de 2017

PREPARACIÓN DA TERRA

Os rapaces de 6º tivemos que quitar moitas herbas da nosa parcela, quitamos as pedras que había e removemos a terra cun sacho para aireala.
Transplantamos as primeiras plantas que xa estaban listas: xirasoles, fabas,cabaza... dos seus tarros á parcela que nos correspondía.
E finalmente as regamos todos os días para que non se sequen.









THE GAMERS
ESTHER, JOEL, XEILA E AROA.

viernes, 24 de marzo de 2017

O SEMENTEIRO: CONTROL E SEGUIMIENTO


ObservacionSementeiro de a xanela Aberta
 
A continuación  amósase o enlace ao documento de recollida de información orixinal.

martes, 14 de marzo de 2017

NORMAS PARA TRABALLAR NA HORTA

Despois de preparar a terra da horta transplantamos as plantas do sementeiro. Démonos conta que hai que andar con moito coidado para non estropear as leiras dos outros cursos. Ao chegar a clase elaboramos unhas normas pra usar a horta. Cada equipo realizou o traballo usando "O Folio Xiratorio". Logo xuntamos todas as propostas e seleccionamos as máis adecuadas para confeccionar o documento.


Neste enlace pódese acceder aos folios xiratorios  dos equipos.

lunes, 13 de marzo de 2017

O REINO DAS PLANTAS

Despois de ler moita información resumimos nun esquema como funciona a vida das plantas:







viernes, 10 de marzo de 2017

PLANTAS LISTAS!

DENDE QUE AGROMARON AS NOSAS PLANTIÑAS...VAN COMA FOGUETES!!! DÍA A DÍA ÍMOS VENDO E COMPROBANDO COMO MEDRAN E XA CHEGOU O MOMENTO DE PASAR ALGUNHAS PARA A TERRA!!! HOXE SELECCIONAMOS AQUELAS QUE CONSIDERAMOS QUE XA ESTÁN LISTAS PARA PLANTALAS NA HORTA: FEIXÓNS, MILLO, TOMATES...




A REGA DOS SEMENTEIROS

Unha das propiedades da auga é a capilaridade que permite que ascenda por conductos estreitos.
Hai outras características da auga que son a cohesión e a adhesión:
A cohesión é a propiedade da auga que permite que as moléculas se peguen entre si,e pola que se atraen os dous átomos de hidróxeno da molécula da auga.
A adhesión é a propiedade que permite que a auga sexa atraida por outra superficie.


 Grazas a isto podemos regar os sementeiros metendo auga nunha caixa e que as plantas absorban toda a auga que precisen polos buratos dos botes, pero sempre teremos que estar pendentes de que a caixa teña auga.


 EQUIPO: SIN NOMBRE:Laura,Nerea,Mario,Anxo

martes, 7 de marzo de 2017

XERMINACIÓN E O PROBLEMA DOS TALOS

A xerminación é cando comeza a crecer ou a desenvolverse unha semente dunha planta.
Todas as sementes non teñen o mesmo tempo en xerminar.
 Na nosa clase o primeiro que xerminou foi : Os chicharos,  feixón, leituga e o que pensabamos que era cebola (que en realidade eran verzas)
Feixón

Leituga

Chícharo

Verzas


O PROBLEMA DOS TALOS

Os talos das nosas plantas se estiran demasiado entón  se caen. Nos pensamos que é porque buscan a luz do sol.
Alguhas plantas tumban e iso é  porque teñeno moi fino o talo, e hai que poñerlles paos (titores )
  Solución: Puxémos a caixa mais arriba para que lle dera mais luz do sol.


Os crocodilos, de 4º (Rubén, Martín, Alexia e Aaron)

lunes, 6 de marzo de 2017

PEQUECH@S PREPARANDO O TERREO

COMO OS NOSOS SEMENTEIROS XA ESTÁN CHEÍÑOS DE SEMENTES QUE AGROMARON E ESTÁN LISTAS PARA SER PLANTADAS NA TERRA...HOXE TOCOUNOS POÑERNOS MÁS Á OBRA E PREPARAR A NOSA PARCELIÑA PARA PODER SEMENTAR. O TERREO ESTABA CHEÍSIMO DE HERBAS E LEVOUNOS UN DURO XORNAL DEIXALA LISTA E PREPARADA PERO AO FIN...TRABALLO REMATADO! XA ESTÁ TODO LISTO PARA A SEMENTEIRA!!!

                            

O INTERCAMBIO E A SEMENTEIRA

No día sete de febreiro de 2017 fomos a clase de Estela e Noa a facer un intercambio.O intercambio era que nós lle dabamos compost ,eles nos daban sementes de todo tipo. Fixemos o intercambio porque necesitabamos sementes ,  e eles compost . No mesmo día que fixemos o intercambio cada un sementou dous tipos de sementes. Regamos cunha botella regadeira e despois  puxémolas onda a ventá e o radiador .




CUARTO: LOS COLORES AMY, ALBA, JORGE.

SEMENTEIRA DIRECTA

A sementeira directa é cando podemos plantar as sementes directamente na horta, na súa estación do ano.
Só se pode facer unha sementeira directa  se a planta que vas a sementar está adaptada ao clima que vai, se non ou hai que poñelas dentro dun cuarto ao lado das ventás ou facer un invernadoiro.
Nós sementamos directamente na horta : 2 patacas, 3 dentes de allo e moitas cenorias.
Atopamos miñocas e puxemos algunhas no compost porque axudan a que se faga.




Equipo: INFALIBLES 2017 de 4º.

viernes, 3 de marzo de 2017

CHARLA DE AURORA

O día 2-2-2017 viu a nai de Raul, Aurora a darnos unha charla.Tomamos notas e fixemos un resumen  que explica como  facer a sementeira no interior ,e como temos que coidar as plantas.

  
Miriam, Yésica e Lucía, 4º