miércoles, 22 de febrero de 2017

Sementando en interior

Así fixemos os nosos sementeiros os nenos e nenas de 2º:

           

martes, 21 de febrero de 2017

PREPARACIÓN DO SEMENTEIRO COAS NOSAS SEMENTES

Plantamos as nosas sementes o Venres, 10-2-17. Sementamos moitas cousas:Leitugas, acelgas, feixóns e feixóns verdes, tomate, pementos de piquillo.....
Mesturamos terra, compost e sustrato comprado. Fixemos o traballo por equipos. O primeiro que fixemos foi furar os tarros de iogurt,despois puxemos o nome do que plantamos con rotulador permanente. Botamos máis da metade da mestura que fixemos. Puxemos as sementes e tapamola con pouca terra.E por último regamos.Deixamola nun sitio quente,claro e con luz do Sol.

Cristina, Félix, Borja, Carmen e Xabi
Terceiro de primaria.

viernes, 17 de febrero de 2017

¿COMO SE PREPARA UN SEMENTEIRO?

Na clase elaboramos unhas normas para facer sementeiros.
Encontramos a informacion nas notas que escribimos na libreta durante a conferencia. 
Na clase elaboramos 9 normas entre todos.

1-Poñer guantes.
 2-Mesturar terra,abono e sustrato comprado.
3-Coller un vaso de plástico e facerlle buratos no fondo.
4-Botamos a mestura  no bote,pouco máis da metade.
5-Colocar a semente encima.
6- Tapar a semente cunha capa moi fina de terra.
7-Botar unha pouca de auga .
8-Poñemos os botes nun sitio con luz do sol ,aire e calor.
9-Regar cando precise.

Repartindo as parcelas

A área do rectángulo de educacion infantil é de 3,96 metros cadrados.
10 centímetros é un cadrado no papel.
Para facer a área primeiro pasamos os 99 centímetros a metros que son  0,99 metros,
despois fixemos a área (base x altura) que serían 4 metros que é a base x 0,99 metros que é a altura.
E a área sería como xa sabemos 3,96 metros cadrados.




A parcela de 1º e 2º ten a mesma superficie.


       The NALA group: Aroa, Dani L, Yésica, Carmen

Organización do terreo

A parcela grande ímola compartir entre 3º, 4º, 5º e 6º curso.
Primeiro medimos a parcela, logo fixemos a área da superficie e dividimola entre 4 partes; a cada curso tocoulle 9,10 metros cuadrados .




 Mara, Samuel, Uxía e Dani F. ,The best group

lunes, 13 de febrero de 2017

CONFERENCIA: COMO PREPARAR SEMENTEIROS

O Xoves,2-2-2017 veu unha experta en plantas, era Aurora, a nai de Raúl.
 Contounos como facer un sementeiro.
Trouxo sustrato comprado,compost (que fixemos no colexio) terra,vasos de plásticos,auga,varias sementes e caixa de polispan...
Mesturou o sustrato comprado,compost e terra nuha caixa de polispan.
Botou a mestura nos vasos para facer nos un exemplo de como se sementa.
Cando nazan as plantas e chege a primavera hai que quitalas do vaso e poñelas na horta.
E regar as plantas da horta cando o precisen,explicounos canto tarrdan en xerminar as plantas.
O tomate negro tarda quince días,o pemento tarda un mes e medio e a leituga sete días.


Carlos,Raúl,Iker L. e Xurxo.
Terceiro de Primaria

viernes, 10 de febrero de 2017

PARA SEMENTAR HAI QUE COMPARTIR

As nenas e nenos de cuarto, quinto e sexto encargáronse de preparar o compos para todo o cole. Os demais gardamos sementes para todos. E antes de preparar os sementeiros chegou o momento de compartir.

COMPARTINDO SEMENTES de a xanela Aberta